- Quen vén hoxe?
- Mañá chove seguro
- Unha guerra feroz
5 Indicar se a vogal tónica e/o é aberta ou fechada (semiaberta ou semifechada)
- Veño algo canso e agora quero descansar tombado nese sofá.
- Agarda, que logo chega o home e el vaite pór ao tanto dos problemas que apareceron.
- Onde estabas onte cando botaron pola televisión as cancións máis populares deste inverno?
- O teu vello xa non rexe ben; non é raro, ¡con tantas doenzas como leva no corpo.
- Hoxe veu cedo e atopou as portas do centro abertas.
- Non poñas cara de ferreiro que non cho fixemos á teima, foi sen querer.
- Colle os papeis que tes na mesa da esquerda e lévaos para o despacho do director-xefe.
- Para vela ben hai que acender unha vela e tela acesa todo o tempo; ti tela só uns segundos e non ves nada.
- Creo que me colleu o sol esta tarde, foi por non me meter debaixo do paraugas.
- As ciencias modernas teñen abertos novos camiños de experimentación grazas ao teu invento.
Ningún comentario:
Publicar un comentario