Á memoria
do noso querido Jesús Nieto Baneira, Donje, Donjé.
Querido
Donje,
Quen, sen
ser estúpido, querería perder unha persoa coma ti ? Ninguén.
Ninguén Donje porque
a túa
existencia foi unha “bendición”para todos os que te tratamos. Es
unha desas escasas persoas benditas nesta sociedade chea de ruído e
furia. Un home enteiro, se nos permites dicilo,
discretísimo,
humilde e afable. Nunca fuches pedante nin pretencioso, nin pesado,
nin aburrido.
Tiñas unha
alegría natural e mansa, próxima. Afrontabas a vida dun xeito un
pouco pícaro e traveso, nalgunhas ocasións, sen moita seriedade
porque ti, Donje, gozabas da vida e iso percibiámolo na proximidade
do teu sorriso e iso aportábache un atractivo humano, se nos
permites dicilo, encantador.
Non che
gustarían estas palabras, estarías incómodo porque ti no es persoa
de homenaxes nin adulacións, nin te crerías merecedor, nin as
crerías, seguro. Pero estás obrigado a permitir que nós sexamos
xenerosos contigo, só hoxe Donje. Despois disimularemos a nosa
tristeza cando non volvamos a cruzarnos contigo na estrada ou non
sexas ti o oficiante cálido e comedido que esperamos ver dándonos a
bendición. Prometemos non emocionarnos demasiado para honrar a túa
entrañable persoa, noso compañeiro querido por toda a comunidade
educativa, Don Jesús Nieto Baneira. Donje.
Ningún comentario:
Publicar un comentario